Aula Náutica
ETSNM

A ETS de Náutica e Máquinas dispón dunha Aula Náutica, situada no Dique de Abrigo preto do edifico de Capitanía e Torre de Control de Salvamento Marítimo, con varias aulas para docencia e un pañol de embarcacións deportivas. Neste pañol atópase todo o material necesario para impartir as prácticas de supervivencia obrigatorias das materias de Seguridade Marítima do Grao en Náutica e Transporte Marítimo e para a materia Seguridade Marítima e Contaminación do Grao en Tecnoloxías Mariñas. Entre outro material disponse do seguinte:

 

 

20 traxes de inmersión, unha balsa salvavidas de 12 prazas, unha lancha tipo zodiac de 12 prazas cun motor de 40CV, un arnés para rescate con helicóptero, suficiente número de chalecos salvavidas para a realización das prácticas, un compresor de aire e aspirador e unha embarcación de vela tipo Fi55 (eslora 5,5 m; manga: 2,10 m, calado: 0,85 m e superficie vélica 15 metros cadrados). Ademais, Deportes da UDC dispón dunha embarcación tipo zodiac con un motor de 40 CV, táboas de windsurf, cayaks, piraguas  e outro material lixeiro para a realización de actividades que a sección de Deportes da UDC leva a cabo nesta aula náutica.

Tamén se dispón de dúas embarcacións de vela de cruceiro para a realización de prácticas de Manobra e Navegación:

O “MARINEDA”, un queche marconi de 12 metros de eslora e gañador do trofeo Cutty Sark no ano 1994 e o “BREOGÁN IV” un queche marconi de 15 metros de eslora.