Marlins English
Test

A E.T.S. de Náutica e Máquinas da Coruña é o primeiro centro de España acreditado para realizar a proba Marlins English Test escrito e Marlins Test of Spoken English (TOSE) oral e así certificar o coñecemento do idioma inglés.

 

O Marlins estableceuse orixinalmente no ano 1994 para proporcionar un estándar de formación no idioma inglés dirixido sobre todo ao persoal de a bordo en todo tipo de buques. Desde entón consolidouse como un certificado que é recoñecido pola maioría das navieiras e axencias de embarque como proba do coñecemento do idioma inglés. Está deseñado especificamente para todo o relacionado coa industria marítima (mariños, persoal de cruceiros e industria offshore) e está endosado pola International Shipping Federation (ISF).

 

O Marlins English Test escrito e Marlins Test of Spoken English (TOSE) oral, desenvolvéronse para avaliar a competencia dos mariños para comunicarse de forma oral e escrita no idioma inglés nun contexto marítimo, de acordo aos requirimentos do Código ISM e ao STCW. Ambos  métodos están recoñecidos pola M.C.A. (Maritime Coastguard Agency) do Reino Unido a efectos de obter o C.E.C. (Certificate of Equivalence Competency).

 

Máis información nas seguintes ligazóns:

www.certificaresembarcar.com

marlins.co.uk/maritime-english