Planetario
ETSNM

A E.T.S. de Náutica e Máquinas dispón dun planetario cunha cúpula de proxección de 8 metros de diámetro, un proxector Carl-Zeiss ZKP-1 e con 30 butacas para os alumnos.

 

 

A cúpula do planetario representa a porción do ceo visible co horizonte na súa base, mentres que no centro, onde está situado o proxector, representa a posición do observador e no alto da cúpula está o Zenit. É como un simulador do ceo nocturno moi útil para o ensino de navegación astronómica e que permite representar calquera porción da esfera celeste visible desde a terra.Sentados na escuridade o planetario pódense ver as estrelas visibles a primeira ollada, os planetas e a Lúa coma se realmente estivésemos no exterior.