Acta de constitución do Comité Ambiental GREEN CAMPUS

Ás 12 horas do día 9 de novembro de 2017 reúnese o comité ambiental do programa Green Campus coa asistencia de todos os membros, como  aparece na folla adxunta.

Tras unha breve exposición por parte o presidente, Felipe Louzán, e algunhas achegas dos membros da comisión, decídese realizar un estudo previo  ou diagnóstico dos seguintes temas relacionados coa sustentabilidade, repartindo as tarefas como segue:

  • Electricidade,  Ramón Borrás
  • Auga, Natividade López
  • Xestión de residuos,  Belén Montero
  • Caldeiras e calefacción, Fernanda Miguélez
  • Medios de transporte, coche e bicicletas, Brandan Iglesias
  • Papel e plásticos, Mercedes Martínez
  • Radón, Xornadas de concienciación e promoción de Traballos fin de grao e de máster en sustentabilidade, Julio Louro
  • Illamento e ventilación, Ágel Rodríguez

Dámonos como prazo ata mediados de xaneiro de 2018, datas nas que nos reuniremos para pór en común os datos obtidos así como as propostas que poidan parecer razoables para empezar a realizar os cambios que nos conduzan a unha escola máis sustentable.

Sen máis asuntos que tratar ás 13.20 horas levántase a sesión.