DE INTERESE PARA OS ALUMNOS DO GRAO EN TECNOLOXÍAS MARIÑAS DA VERSIÓN V01

Debido a problemas técnicos administrativos, os alumnos do Grao en Tecnoloxías Mariñas V01 aínda non poideron conformar a súa matrícula. Quérese informar de que en breve daráselle solución a esta circunstancia, e os alumnos afectados poderanse matricular. A tal efecto, comunicaráselles o novo prazo. En ningún caso terán ningún problema para a continuación dos seus estudos. Lamentamos esta incidencia e agardamos que sexa solventada ao longo da vindeira semana.


A Dirección da ETSNM