Benvido/a á Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM).
A ETSNM é un dos centros de formación marítima de renome en España. A Escola dedícase a ofrecer educación e capacitación marítima de alta calidade para preparar aos seus estudantes para unha carreira gratificante dentro da industria marítima e instalacións enerxéticas.
Para isto, a ETSNM desenvolve uns plans de estudos buscando a excelencia académica, nos cales se proporcionan espazos altamente especializados que inclúen instalacións de supervivencia e contra incendios, talleres, laboratorios, simuladores de máquinas, navegación, comunicacións, manexo de cargas líquidas, etc. Estas instalacións cumpren totalmente cos estándares e requisitos internacionais máis actualizados.
Ademais dos estudos académicos superiores, a ETSNM ofrece un programa de doutoramento interuniversitario de enerxía e propulsión mariña enfocado na innovación e sustentabilidade da industria marítima e instalacións enerxéticas.
Nesta ligazón pódese ver unha presentación das titulación da ETSNM
Coñece a historia, os órganos de goberno, as normativas e os regulamentos, o departamento, o profesorado e a asociación de estudantes
Actualidade
E.T.S. de Náutica e Máquinas
Praza da Mariña Mercante, s/n
15011, A Coruña
Graos/másteres: +34 881 01 4219/4210
Cursos/certificados MM: +34 881 01 4220