Renovación acreditación pola ACSUG do Mestrado Universitario en Enxeñaría Maríña

O vindeiro luns 28 de setembro, o Mestrado Universitarioen Enxeñería Mariña vaise a someter a un proceso de renovación da acreditación por parte da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia). Nesta ocasión, debido a situación actual, a visita da Comisión Avaliadara será virtual.

Durante este proceso ponse a disposición o seguinte correo electrónico audiencia.publica@acsug.es, a través do cal as persoas relacionadas co título, e que non fosen convocadas as correspondentes audiencias, poderán enviar os comentarios que consideren oportunos. Establécese un periodo de cinco días despois da visita para recibir ditos comentarios. En ningún caso, se terá en conta un comentario enviado por este medio se o remitente non está debidamente identificado: nome completo, perfil (estudante, graduado, PDI, PAS, etc.) e titulación sobre a que quere presentar o comentario.