INSTRUCCIÓN DA VICERREITORÍA DE OFERTA ACADÉMICA E INNOVACIÓN DOCENTE, MEDIANTE A QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NO CURSO 2019/2020 E SEGUINTES PARA OS ESTUDIOS DE GRAO EN TECNOLOXÍAS MARIÑAS

O alumnado de continuación de estudos da versión V01 (plan 2010) pódese
matricular en calquera das materias do título de Grao en Tecnoloxías Mariñas nun prazo que se establece do 25 de setembro ao 4 de outubro de 2019, ambos incluídos. A matrícula forrmalizarase de forma presencial na
Administración do centro ou a través da secretaría virtual do estudante. Débese ter conta que este curso académico 2019/2020 será o último no que se permite a matrícula nesta versión.
A matrícula na versión V01 queda reservada tan só para os titulados nesta que pretendan obter as méncións en Enerxía e Propulsión ou en Oficial Electrotécnico (ETO) no curso 2019/2020 e nos cursos sucesivos.
En ningún caso poderase formalizar a matrícula na mención Mantemento e Instalacións por estar totalmente extinguida a partir do curso 2020/2021
incluido.


A Coruña,
Nancy Vázquez Veiga
Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente