Participación da ETS de Náutica e Máquinas no Climathon Galicia 2019

A profesora, Alsira Salgado Don, Coordinadora de Green Campus da ETS Náutica e Máquinas, participou o 25 de Outubro no Climathon Galicia 2019, organizado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

No Climathon co Reto “Cambiemos nós e non o clima” houbo dous foros de debate: “É hora de actuar” e “¿Cómo comunicamos o cambio climático?”, e tamén se organizaron grupos de traballo tendo en conta os 17 Obxetivos de Desemvolvemento Sostentable da Organización das Nacións Unidas.