PLANIFICACIÓN PARA O CURSO 2020-21

Co fin de cumprir coas medidas sanitarias e de seguridade por mor do COVID-19 encanto a ocupación de espazos, aulas, laboratorios, etc., faise necesario tomar unha serie de medidas para evitar aglomeración de alumnos ao mesmo tempo no Centro e tamén reducir o número de aulas e outros espazos a usar polo mesmo grupo de estudantes. Hai que procurar que o mesmo grupo reducido de estudantes use como máximo dúas aulas para a docencia interactiva e de grupos reducidos.

Tanto nas aulas como nos diferentes espazos hai que respectar a distancia de seguridade e o uso de máscaras será obrigatorio mentres se permaneza dentro das instalacións do Centro. Nas aulas, laboratorios, simuladores, etc., todos os estudantes terán que levar máscara e terán que sentarse sempre na mesma cadeira e mesa mantendo a distancia de seguridade actualmente en 1,5 metros. O profesor tamén ten impartir a clase con máscara procurando mantérse sempre na tarima, si a houbera.

DOCENCIA:

1º CURSO Grado en Náutica e Transporte Marítimo (GNTM): A docencia expositiva (Luns e martes) deberá ser presencial para os estudantes de primeira matrícula e nas materias con un número de estudantes maior ao de cabida na aula os demais estudantes seguirán a clase por videoconferencia. A docencia interactiva e de grupos reducidos será presencial para todos os estudantes.

2º, 3º y 4º GNTM: Hai que ir ao modelo de docencia hibrida. A docencia expositiva deberá facerse por videoconferencia (TEAMS) luns e martes. Os grupos de docencia interactiva/reducidos (cálculo, resolución de problemas, simulación…) serán os mércores, xoves e venres, de acordo ao calendario que se estableza, e turnando cada un dos dous grupos (50% e 50%) cada semana (2º e 3º: Unha semana un grupo presencial e o outro on-line e turnándose cada semana). Deste xeito no caso de producirse un caso COVID dentro dun grupo o outro grupo podería seguir coa docencia presencial e asi non se poñería en cuarentena a toda unha clase. É importante sectorizar e así reducir o mínimo posible acceso ao Centro co fin de protexer ao PDI, PAS e alumnos. As materias optativas de Terceiro poderán darse on-line agás as prácticas si e que as ten.

NOTA: Adquirironse dúas video-cámaras, de principio para Primeiro e Segundo do GNTM e pedíuse unha máis para Terceiro. Si fora necesario se adquiriría unha máis para Cuarto. Deste xeito mentres a metade dos alumnos reciben a docencia interactiva de xeito presencial a outra metade o faría on-line. Cada semana alternaríanse os estudantes. Evidentemente isto pode cambiar segundo o número de alumnos matriculados en cada materia e tamén da asistencia ás clases presenciais.

Grao en Tecnoloxías Maríñas (GTM): Dado ó número de alumnos poderá ser todo PRESENCIAL para as materias obrigatorias e, se procede, on-line para as optativas.

MESTRADOS: Dado que o número de alumnos é inferior a 20-25 poderá impartirse de xeito PRESENCIAL

TITORÍAS: Terán que facerse a través do teléfono dos despachos, por correo-e e por TEAMS co fin de evitar a entrada de estudantes aos despachos e por seguridade sanitaria ao ser imposible manter as distancias recomendadas.

LABORATORIOS: Dependendo do número de estudantes pode que sexa necesario reducir as horas de prácticas ao 50% ou máis e complementar as prácticas restantes mediante actividades complementarias.

AULA DE INFORMÁTICA: Os estudantes terán que usar o seu propio PC. Non se van a poder utilizar ningún dos equipos do Centro pola dificultade de hixienización de teclados e ratos.

PRESENTACIÓN e Inicio das Clases o 21 de setembro: Primeiro curso ás 08:30; Segundo ás 15:30; Terceiro ás 08:45 e Cuarto e Mestrados ás 09:00 de acordo aos horarios publicados.

NOTA FINAÍS:

1. Hai que ter en conta que a situación sanitaria pode cambiar en calquera momento e polo tanto tamén a organización docente das asignaturas do que habería que informar o antes posible.

2. Si un grupo pasa a corentena tamén o profesor pasaría a corentena de maneira que o outro grupo tamén quedaría sen clases presenciais agás que se substitúa outro profesor. Si un profesor está en corentena ten que seguir coas clases telemáticas agás que ese profesor estea de Baixa. O alumnado ten dereito a seguir coa docencia telemática inda que estea en corentena ou afectado polo COVID.

3. A docencia interactiva e de grupos é presencial e quen elixe esa opción é o Centro e non o profesor, agás por causas médicas xustificadas e de acordo ao estudo feito polo Servizo de PRL.

RECOMENDACIÓN: Utilización de simuladores unicamente para aquelas materias que leven aparellado un certificado STCW, co fin de evitar danos e penetración de líquido nos teclados debido a hixienización en cada cambio de alumno.

A Coruña 15 de Setembro de 2020

Dirección da ETS de Náutica e Máquinas